Tema 9. A matriz de ledes



Para probar este novo "actuador" probaremos a conectalo no porto número 1, a montaxe resultará sinxela usando as dúas vigas e montándoo tal  e como se amosan nas imaxes (decidimos buscarlle esta nova ubicación coa idea de non ter que desmontar a estrutura básica do robot mantendo na súa posición o sensor de ultrasons).




Unha vez realizada a montaxe "hardware", imos a atacar dende o mBot, o primeiro que faremos e abrir o Mblock e localizar os bloques na sección de robot.

No seguinte reto tentaremos de facer un banner de tal xeito que se nos poida amosar o texto enteiro que queiramos a través da matriz de ledes.
A solución é o máis óptima que nos permiten as estruturas de programación, xa que nesta verisón de Scratch non é posible definir unha variable de tipo cadea ou String, o que fai que teñamos que usar o texto directamente e polo tanto que teñamos que replicar o texto ao longo do exemplo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario